DÍA DA PAZ

Bo día!! Como ben víchedes a comezos de semana, na biblioteca fixemos un pequeno tributo ao día da Paz cun debuxo de Frato, todo un símbolo silencioso deste día tan sinalado. Déixovos a nosa homenaxe e o debuxo orixinal:





Así mesmo, tamén colocamos, coma o ano pasado, unha cortiza cos premios Nobel da paz dende o ano 2000 até a actualidade:


E por último... o máis interesante!! Desde hoxe ata mañá podedes vir a votar a QUEN LLE DARIADES O PREMIO NOBEL DA PAZ NO COLEXIO. Preferiblemente no recreo, hoxe mércores 27 e mañá xoves 28. Mañá no recreo será o derradeiro momento para votar antes do reconto final. En primaria votarán 5º e 6º e en ESO desde 1º até 4º. Pode ser un compañeiro ou compañeira, un profesor, unha profesora... aquela persoa que vós pensedes que ben o merece.
 Aquí tendes as fotos:






Agardámosvos!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividades Día do Libro