Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

TALLER DE LINGUAS. A LINGUAXE COMO FERRAMENTA

Intimamente ligado ao espazo bibliotecario atópase un proxecto levado da man pola Asociación Solidaria para o emprego e a formación , unha iniciativa pioneira e que denota un gran espíritu e afanamento  para axudar á mocidade recén licenciada na inserción laboral. Nace deste xeito unha nova materia:  Taller de Linguas , cuxa pretensión é que a lingua sexa tratada dende un punto de vista diferente ou inusual. Esta idea emana da necesidade imperiosa de ligar a lingua e a literatura nun novo concepto no que predomina o ton lúdico.  S abemos que son moitas as vantaxes da lectura. No tempo que dedicamos a ler desenrolamos a comprensión lectora, a comprensión e expresión oral, así como a escrita. Todas estas facetas conforman a base da comunicación lingüística, que á súa vez serán indispensábeis para o correcto entendemento das demais materias curriculares. Con este proxecto pretendemos establecer as condicións para que o alumnado poida desenrolar axeitadam