TALLER DE LINGUAS

Intimamente ligado ao espazo bibliotecario atópase un proxecto levado da man pola Asociación Solidaria para o emprego e a formación, unha iniciativa pioneira e que denota un gran espíritu e afanamento  para axudar á mocidade recén licenciada na inserción laboral.

Nace deste xeito unha nova materia: Taller de Linguas, cuxa pretensión é que a lingua sexa tratada dende un punto de vista diferente ou inusual. Esta idea emana da necesidade imperiosa de ligar a lingua e a literatura nun novo concepto no que predomina o ton lúdico. 

Sabemos que son moitas as vantaxes da lectura. No tempo que dedicamos a ler desenrolamos a comprensión lectora, a comprensión e expresión oral, así como a escrita. Todas estas facetas conforman a base da comunicación lingüística, que á súa vez serán indispensábeis para o correcto entendemento das demais materias curriculares.

Con este proxecto pretendemos establecer as condicións para que o alumnado poida desenrolar axeitadamente, dependendo da súa idade, unha boa competencia en canto  á comunicación lingüística; así como fomentarmos o hábito ou pracer pola lectura e a escritura.                                                  
Nos centros educativos, nos que se coñece máis que en ningún lugar os beneficios da lectura, é de obriga inamovible conseguir que os nenos contemplen a lectura dende o punto de vista lúdico.        

Cando ler se converte en hábito tamén o será adquirir vocabulario xa que moitas palabras as entendemos polo seu contexto, e ao velas en repetidas ocasións serán vocábulos cotiáns e por tanto adquiridos na linguaxe propia.

Por tanto podemos afirmar que a lectura aporta valiosos beneficios. A través dela estamos contribuíndo ao desenvolvemento global dos pequenos, ao seu desenvolvemento cognitivo, afectivo, social, emocional e persoal.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO