Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

RECUNCHO PÍCARO

Imaxe
Como cada trimestre, o alumnado de infantil, nesta ocasión 5º, acompañounos nunha mañá de entretida lectura. Co motivo do Día da muller traballadora e do Día de Rosalía de Castro o profe Xabi leunos os contos de Rosalía Pequeniña , na súa versión musicada, tamén nos leu De que cor é un bico , de Rocío Bonilla e Eu son fonte , da escritora Teresa Moure. A continuación cantamos todos, ao son da guitarra, Rosalía pequeniña e o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro, esta última a ritmo da pandeireta. Déixovos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos!