Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

EXPLORANDO NA BIBLIOTECA: A CHEGADA DO HOME Á LÚA

Imaxe
Bos días! Non me digades que non víchedes a fermosa cortiza que hai diante da porta da biblioteca... Con motivo do lema das bibliotecas escolares deste ano "Biblioteca escolar, base de exploracións" a nosa pequena homenaxe básase na maior e máis incrible exploración da humanidade: a chegada á lúa. Por iso, aproveitando os marabillosos materiais dos que dispón a biblioteca, decorouse esta cortiza. Nela podedes ver a explicación detallada de como foi a viaxe de ida, de volta, e a chegada; as biografías dos intrépidos astronautas que por primeira vez na historia pisaron a lúa; planos da nave, fotos da expedición e o máis abraiante: un plano detallado case ao milímetro pola mesma NASA. Todo un privilexio. Espero que o disfrutedes tanto coma nós. 

RESULTADO DO TALLER DE LEMBRADOIROS!!

Imaxe
Bos días!! Na biblioteca estamos moi contentas porque o Taller de Lembradoiros foi un éxito! Ademáis, polas caras que vimos a vós tamén vos encantou! A pesar de saber xa as normas da biblio, agora que as temos enriba da mesa nestas follas tan bonitas xa nunca se nos van esquecer, Aquí vos van as fotos de todas as follas feitas por vós. Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

TALLER DE LEMBRADOIROS

Imaxe
Bos días!! Este mércores imos argallar algo novo na biblioteca. Queredes saber de que vai? Que serán os lembradoiros? Pois non tedes máis que pasarvos pola biblioteca no recreo cun feixiño de follas secas de árbores... e o resto xa o veredes!!!

SELECCIÓN DE LIBROS ANAYA

Imaxe
Bo día!! Dende a editorial ANAYA mandáronnnos un belido feixe de libros para que o colexio e a biblioteca escollan cales son os que van quedar connosco e así ampliar o fondo de volumes. Como, por suposto, sodes vós os que os ides ler, deixamos a vosa disposición unha folla na que apuntaredes aqueles que vos gustaría que ficasen para sempre na biblioteca. Pasádevos a botarlle unha ollada! Pssss, pssss... están os libros de Kika Superbruja!! 

CHEGOU O OUTONO Á BIBLIOTECA!

Imaxe
Bos días dun curto verán de San Martín! Na biblioteca demos comezo ao outono unha vez rematado o Samaín. Ademáis, na entrada temos un panel co cartel do lema das bibliotecas escolares deste ano, completamente ambientado. As follas das árbores en outono caen, pero non só as das árbores... Achegádevos a ver os tesouros da natureza tan propios deste tempo que preparamos!! Temos uns fermosísimos cogumelos disecados e tinguidos, castañas, ourizos, follas de árbores de todo tipo, cortiza, líquens, carrabouxos... Como, que non sabes o que é un carrabouxo? Pois para sabelo terás que pasarte pola biblioteca!! Vémonos!