Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2015

NOVA SECCIÓN!!

Pois como reza o título... Temos unha nova sección no blog!! Será a sección de colaboracións. Nela, algúns alumnos de 3º da ESO escribirán sobre o que se lles ocorra. Dende recomendacións de libros, ata eventos con escritores... O que está seguro é que nos agardan sorpresas por parte destes pequenos colaboradores!

FEIRA DO LIBROCAMBIO

Mil grazas a todos os participantes, foi un pracer compartirmos un día así convosco!

FEIRA DO LIBROCAMBIO

Imaxe
Ola a tod@s! Como sabedes imos celebrar unha feira de intercambio de libros o xoves 23 coincidindo co día do libro. Recordade que os nenos de infantil e primaria que vaiades participar debedes entregarlle os libros aos vosos titores ou titoras. O resto de participantes entregarán os libros directamente na biblioteca. O lugar da celebración variará dependendo das condicións meteorolóxicas. Contamos coa vosa participación!

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

A orixe do día do libro remóntase ao ano 1926. Pénsase que o 23 de Abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare, aínda que hai diversidade de opinións ao respecto. Por este motivo é unha data moi simbólica para a literatura universal, sendo a elixida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores. Ademais neste ano 2015 temos unha dobre celebración, pois ten lugar o IV centenario da publicación da segunda parte de Don Quijote de la Mancha , unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Esta obra está formada por dúas partes. A primeira, que foi publicada en 1605 co título de “ El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ” e a segunda parte que apareceu no ano 1615 baixo o título de “ El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha ”. Queremos compartir convosco unha  páxina web para coñecermos a obra dende diferentes perspectivas. http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/obra_libro1.