23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

A orixe do día do libro remóntase ao ano 1926. Pénsase que o 23 de Abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare, aínda que hai diversidade de opinións ao respecto. Por este motivo é unha data moi simbólica para a literatura universal, sendo a elixida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores.

Ademais neste ano 2015 temos unha dobre celebración, pois ten lugar o IV centenario da publicación da segunda parte de Don Quijote de la Mancha, unha novela escrita por Miguel de Cervantes.


Esta obra está formada por dúas partes. A primeira, que foi publicada en 1605 co título de “ El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ” e a segunda parte que apareceu no ano 1615 baixo o título de “ El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha ”.


Queremos compartir convosco unha  páxina web para coñecermos a obra dende diferentes perspectivas.


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/obra_libro1.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO