Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

LECER LECTOR

Imaxe
Unha das iniciativas da nosa biblioteca neste curso 2014/2015 foi instaurar a posibilidade de que, tanto nos recreos de secundaria coma nos de primaria (3º cliclo), os alumnos poidan acudir a ler como actividade de lecer. Esta actividade está enfocada a  todos aqueles que ven  o libro coma unha diversión, neste espazo poden consultar os volumes dispoñibles  ou deixarse asesorar pola bibliotecaria para aconsellarse sobre os libros máis acaídos para cada idade. Para todos os que se animen, recordarlles que deben ter en conta os seguintes puntos: - O espazo de lectura é a sala da biblioteca. - Éntrase polo corredor central que serve de camiño ao recreo. - O tempo de lectura coincide co tempo do recreo. - Pódense levar libros propios para ler. - Ofértase a posiblidade de ver libros localizables no carro de lectura ou noutros puntos da biblioteca. - Pódense solicitar algún libro en préstamo tamén nese tempo. *A merenda remátase antes de entrar.

INICIANDO

Este blog xurde por numerosos motivos. En primeira instancia parte do desexo de darmos a coñecer as actividades promovidas e levadas a cabo en torno á Biblioteca do Colexio Plurilingüe Compañía de María santiagués. Por outro lado queremos procurar un punto de encontro entre docentes, alumnos e pais; para explorarmos entre todos as posibilidades da lingua e da literatura, da cultura e da diversidade... En definitiva, crearmos un espazo aberto onde desfrutar e compartir xuntos.