Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

CONCURSO DE CABAZAS

Imaxe
Bos días! Onte veu de celebrarse o concurso de cabazas con motivo do Samaín. Todas as cabazas son fabulosas, e vese que este ano o nivel está moi alto! A exposición está xusto a carón da porta da entrada principal da biblioteca, cunha ambientación... terrorífica!!!!

O RECUNCHO PÍCARO

Imaxe
Bos e chuviosos días!! Neste tempo de Samaín a biblioteca do colexio Compañía de María pon en marcha outro proxecto: "O recuncho pícaro". Esperamos que con esta actividade os nenos disfruten entre contos e verbas, aínda que vendo as fotos xa se ve que si!! Para entrar máis polo miúdo, dicir que esta actividade consiste en visitas periódicas dos pequechos do cole, os alumnos de infantil. Virán á biblioteca en distintos momentos do curso a contar e escoitar contos ou realizar algunha actividade ligada á biblioteca. Aproveitamos e amañamos en cada quenda unha zona con sillóns para que os cativos escoiten e participen da actividade.  A visita pódese desenvolver tendo en conta que non colisione con estudos e outras actividades que utilizan a biblioteca como centro. O horario acordarase cos profesores con antelación para preparar materiais e espazos.  O posible horario será: -Luns: 12.00-13.00

VEN CELEBRAR O SAMAÍN Á BIBLIOTECA!

Imaxe
Bos e terroríficos días!! Na biblioteca xa estamos totalmente ambientados no Samaín! Temos unhas ganas tolas de que vos pasedes a ver o que argallamos. Preparamos unha sección especial de libros de terror cunha compañía un tanto... especial. Esperemos que non veña Drácula a durmir a sesta... Ademáis, adaptamos un curruncho para os desastres e horrores dos libros feridos e maltratados.  Non o iredes perder, verdade? 

NORMAS DA BIBLIOTECA

Imaxe
Aínda que a biblioteca abriu as súas portas xa a comezos de curso, é importante recordar unhas pautas a ter en conta para o seu correcto funcionamento. Estas normas van dirixidas a todos os usuarios da biblioteca, é dicir, tanto ó alumnado como ó profesorado, pais e persoal non docente.  A biblioteca é o recuncho do colexio onde se atopan os libros, onde se estuda, onde se lee e onde se investiga para os traballos de clase. É, en definitiva, un dos lugares máis valiosos do colexio, polo que debemos coidalo.  Por iso, vamos publicar as normas  deste curso 2015-2016: 1.     A  biblioteca  debe  permanecer sempre  limpa ,  cun  uso  correcto  de  mobiliario  e materiais. 2.     Non está permitido comer nin beber , nin  introducir comida ou bebidas nas súas salas. 3.     O uso de móbil , reprodutores de imaxe ou son non están permitidos , agás cando se faga acompañados polo profesorado nunha actividade de aula. 4.   Débese gardar silencio ou falar en voz moi baixa para reali

LECER LECTOR

Imaxe
Bo día! Dende a biblioteca queriámosvos anunciar que deseguida dará comezo, un ano máis, o lecer lector. Para os que non o coñezades, trátase dunha actividade diaria na que os alumnos do último ciclo de primaria xunto co alumnado da ESO poden gozar da lectura no tempo do recreo.  É un momento de encontro coa lectura, unha oportunidade de ollar libros para máis tarde, se queredes, levalos en préstamo. As normas que se deben seguir son moi sinxelas, xa todos as coñecemos, pero velaí van:  O espazo de lectura é, como non, a biblioteca. Para non molestar entrarase polo corredor central que serve de camiño ó recreo. O tempo de lectura é o tempo de recreo. Sempre se poden traer libros propios da casa para ler. Haberá libros no carro de lectura dispoñíbeis para ler.  Pódese solicitar cando queiras un libro en préstamo, dicíndollo á bibliotecaria. A merenda rematarase antes de entrar na biblioteca. O horario será  De 11:30 a 12:00 5º e 6º E.P. 10:50 a 11:20 ESO