Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

XOGANDO A PENSAR NA SEMANA DA CIENCIA

Imaxe
Temos unha moi boa nova: Celebramos a semana da ciencia con recreos lúdicos! Achegádevos a pasar un recreo diferente e divertido con xogos de mesa nos que terás que darlle un pouco á cabeza. Atrévete e divírtete!

RECUNCHO PÍCARO: SAMAÍN

Imaxe
O alumnado de infantil veunos visitar á biblio por un arrepiante motivo: O SAMAÍN. O profe Javi contounos un conto de medo sobre un monstro vermello. Que susto! Pero que ben o pasamos. Tamén tivemos a oportunidade de falar dos nosos medos e das maneiras e ferramentas coas que combatelos. Foi unha mañá moi, pero que moi produtiva.

LIBRO ARTE POEMAS POR 3º ESO

Imaxe
Achegádevos á biblioteca e apreciade a arte do alumnado de 3º da ESO. Xuntaron, en perfecta harmonía, a literatura coas artes plásticas no Taller de Literatura. Temos un pouco de todo: Haikus, vangardismo... e ata mensaxes embotelladas! Estes rapaces e rapazas son uns artistas!