Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2015

CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA

Imaxe
Bo día!! Chegou por fin o nadal á biblioteca. Como podedes ver, temos unha decoración festiva moi acorde co ambiente. Temos polo de agora catro papeliños inda por encher co voso libro desexado. Se mañá no recreo sodes os primeiros en chegar igual conseguides facervos con un. Cando estén todos rematados, encheremos unha cortiza con todas as vosas peticións!!! A cortiza da biblioteca que vai adicada o nadal amosa aos Reis Magos sobre un camiño de estrelas que alumean ata chegar ao Neno Xesús. Esta imaxe idílica está enmarcada polas vosas peticións literarias, por "unha chea de peticións", Desexamos que vos guste!! Para rematar, e non por iso menos importante, hai que facer unha mención especial. Construir en grupo é parte do espírito do Nadal. Sen vós non sería posible: Roi Gigirey, Alejandro Rial, Carla Ferrera, Martín Bernárdez... BO NADAL A TODAS E TODOS!!

RECUNCHO PÍCARO: O APALPADOR

Imaxe
Hoxe os nenos de Educación Infantil volveron a visitarnos! Vese que lles gusta isto da biblioteca... O protagonista do Recuncho Pícaro deste día é a figura do Apalpador. Mediante o conto e os instrumentos musicais, relatóuselle aos nenos a historia deste antigo carboeiro que visita a todos os cativos a noite do 24 de decembro, para mirar que estean ben comidiños e deixarlle un feixiño de castañas. Os pequenos quedaron encandilados e aprenderon a lenda moi ben!!! Aquí tedes as imaxes que amosan o atentos que estaban. .

CARRIÑO DE NOVIDADES

Imaxe
Bo día!! Acordádesvos dos libros que estiveron expostos para que os virades, aqueles que tanto vos gustaban e que apuntáchedes na folla dos desexos? Pois xa están a vosa disposición para ler ou para levar en préstamo!! Agardamos que os disfrutedes!!