CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA

Bo día!! Chegou por fin o nadal á biblioteca. Como podedes ver, temos unha decoración festiva moi acorde co ambiente. Temos polo de agora catro papeliños inda por encher co voso libro desexado. Se mañá no recreo sodes os primeiros en chegar igual conseguides facervos con un. Cando estén todos rematados, encheremos unha cortiza con todas as vosas peticións!!!






A cortiza da biblioteca que vai adicada o nadal amosa aos Reis Magos sobre un camiño de estrelas que alumean ata chegar ao Neno Xesús. Esta imaxe idílica está enmarcada polas vosas peticións literarias, por "unha chea de peticións", Desexamos que vos guste!!








Para rematar, e non por iso menos importante, hai que facer unha mención especial. Construir en grupo é parte do espírito do Nadal. Sen vós non sería posible: Roi Gigirey, Alejandro Rial, Carla Ferrera, Martín Bernárdez...

BO NADAL A TODAS E TODOS!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO