Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

II FEIRA DO LIBROCAMBIO

Imaxe
Bo día!! Como ben saberedes, achéganse as datas da celebración da II Feira do Librocambio. Este ano, como o Día do Libro coincide coa fin de semana, será celebrada os días 26, 27 e 28 de abril. O martes acudirá Secundaria e Bacharelato, mércores Educación Primaria e o xoves Educación Infantil. Do mesmo xeito que o ano pasado, para participar tan só hai que traer un libro e dalo como un xesto voluntario e xeneroso. O libro mellor que sexa adecuado á vosa idade. Poderedes traelo ata o venres 22 de abril. A cada neno e nena que entregue un libro daráselle un tícket. Así, o día da feira poderán escoller o libro que máis lle guste e desfrutalo por sempre.  Por certo, a que xa sabedes cal é a sorpresa que levarán dentro os libros? Pois si! Os marcapáxinas feitos polos vosos compañeiros de Educación Primaria. Como novidade, ademais, este ano haberá un Photocall onde poderedes sacar fotos coas vosas adquisicións.  Agardámosvos cos brazos abertos e esperamos que o pasedes tan

IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

Imaxe
Este ano conmemórase o 400 aniversario da morte do escritor máis célebre das letras hispánicas: Miguel de Cervantes Saavedra.  Dende a biblioteca, como homenaxe fixemos unha pequena recompilación das frases máis memorables tiradas da obra Don Quijote de la Mancha,  tendo como centro a imaxe do seu autor. Como ben saberedes, é unha obra de lectura indispensable, non só pola importancia da que goza dentro da literatura universal, senón polos episodios humorísticos, intelixentes, aventureiros e desternillantes que nos ofrece o libro. É dicir, polo máis importante da lectura: por pracer.  Non vos soa esa forma tan peculiar de colocar as frases? Efectivamente!! Está inspirada nas paredes da nosa fermosa biblioteca!!!  Agardamos que vos guste tanto como nos gusta a nós!