Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

XXXVII CERTAME ARTÍSTICO-LITERARIO

Imaxe
Desde a bibioteca queremos recordarvos que podedes participar na creación do lema do certame deste 2015. Durante estes días temos un buzón na biblioteca ao cal poderedes traer todas as vosas ideas. O elixido o ano pasado foi "A vida dentro dun conto". Que se vos ocorre para este ano? A PARTICIPAR!!

ROSALÍA É MUNDIAL

Imaxe
                                    ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885) Unímosnos á conmemoración da autora galega máis universal. Tal día como hoxe nacía Rosalía de Castro, algo indiscutíbel é que 178 anos despois a nosa autora segue de actualidade. Considerada unha adiantada da súa época, reflectiu a sociedade daquel entón e reinvindicou os dereitos da muller e da súa terra. Incluímos un dos poemas máis representativos da autora, integrado na obra Cantares Gallegos,  no que pon voz a un mozo emigrante que se despide da súa terra e da súa amada. O pesimismo e a pouca esperanza de poder voltar á terra están latentes ao longo da composición. Adios rios, adios fontes   Adios rios, adios fontes, Adios regatos pequenos, Adios vista dos meus ollos Non sei cando nos veremos.      Miña terra, miña terra, Terra donde m' eu criey, Ortiña que quero tanto, Figueiriñas que prantey.      Prados, rios, arboredas, Pinares que move ó vento, Paxariños