Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

Día do Libro 2017

Imaxe
Para conmemorar o Día do Libro realizamos varias actividades: Organizamos unha feira do librocambio para o alumnado de infantil e primaria. Pasámolo xenial co recitado de poemas de Gloria Fuertes que nos fixo o profe Xabi e Laura. Tamén desfrutamos ao aire libre da lectura dos libros que escollimos.  Os rapaces e rapazas de 1º de ESO, o día 26 de abril fixeron unha visita guiada á exposición de elaboración do libro na librería Couceiro. O día 25, o alumnado de 2º de ESO fixo outra visita guiada á exposición de ilustradores internacionais no Auditorio de Galicia. Por último, o alumnado de 3º e 4º de ESO, os días 26 e 27 fixeron unha lectura da obra de Gloria Fuertes na biblioteca do colexio.