Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Día do Libro 2017

Imaxe
Este ano dedicámoslle o Día do Libro á escritora Gloria Fuertes. Os días 25, 26 e 27 realizamos unha feira de Libro-Cambio para todos os niveis de Primaria e Ifantil. Voluntariamente, cada discente trae un libro da casa para cambiar con outro compañeiro ou compañeira. Ademais disto, faremos varias actvidades arredor da autora. Os rapaces e rapazas de Secundaria realizarán varias actividades e saídas relacionadas co Libro e con Gloria Fuertes.

CERTAME ARTÍSTICO-LITERARIO

Imaxe
Dá comezo, un ano máis, o Certame Artístico-Literario do Colexio Compañía de María. O lema deste ano é "A noite no día", polo que os participantes amosarán na modalidade que escollan (expresión artística, fotografía e visual ou narrativa e lírica) que é o que lles inspira esta frase.  O prazo de entrega das obras rematará o xoves 27 de abril de 2017 ás 18.00 h. e o xurado dará a coñecer a súa decisión o 23 de maio de 2017 ás 18.00 h. Animámosvos a todos a participar, a espremer ben, ben os miolos para dar cunha idea fantástica e desexámosvos moitísima sorte!!!!