Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

Chega o Samaín

Imaxe
Vide ver a nosa biblio vestida de Samaín... terrorífica!   Ademáis, mañá as rapazas e rapaces de infantil, no Recuncho Pícaro , subirán ata alí a contar contos de medo.

Rematan os Biblioxogos nos Recreos

Hoxe, 27 de Outubro, foi o último día dos biblioxogos nos recreos. Pasámolo xenial! Pásate por entradas anteriores e bota unha ollada ás fotos!

Biblioxogos

Imaxe
Continúan os biblioxogos nos recreos. Pásate e bota un ollo! Rapazas e rapaces da ESO: Merendando antes de entrar  Xogando ao Intelect Timba de catro en raia Algúns trouxeron incluso os seus propios xogos! Rapazas e rapaces de 4º e 6º de primaria: Rapazas e rapaces de 3º de primaria:

Desvélase o Enigma da Cortiza da Biblio

Imaxe
Desvélase o enigma da cortiza da biblio Hoxe, día das bibliotecas escolares, desvelouse o enigma que se plantexaba na cortiza do carón da porta da biblioteca. Aquí o tedes! Velaquí temos ao grupo de mozas e mozos de 1º e 2º da ESO que o fixeron:

24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares

Imaxe
Aí vén o día das bibliotecas escolares, por esta razón: 1.        Descubriremos o enigma exposto na cortiza da biblioteca. Estate atento ao blog. 2.       Miniexposición de libros interesantes. Pasa por alí e mira! 3.       Biblioxogos no recreo; unha diversión diferente! 4.         Vai pensando nunha mascota para a biblio… necesitamos ideas.

Benvidos un Ano Máis

Imaxe
Como sabedes, o vindeiro 24 de Outubro é o día das bibliotecas escolares. Témosvos preparadas algunhas sorpresas que vos poden gustar. Polo de agora xa arrincou o curso na biblioteca con algunhas das vosas aportacións. .  Bulindo dende a aula En 1º da ESO elixiron as súas palabras favoritas en castelán. Por outra banda, botastes un ollo ao taboleiro que hai frente á porta da biblioteca? Nel plantéxase unha adiviñanza. A resposta desvelarase o vindeiro martes!