Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Visita de Manuel Núñez Singala

Imaxe
O luns 28 de maio visitou aos alumnos de 3º da ESO Manuel Núñez Singala para achegarnos as vivencias relacionadas coa lectura do seu libro Noite de temporal .

Pingas culturais (III)

Imaxe
Este venres 25 de maio disfrutamos no recreo da improvisación con aires de blues y vossa nova coa guitarra de Sergio e o violín de Elena, así como das imaxes evocadoras fotografadas por María... Un pracer sonoro e visual.

Visita de Ledicia Costas

Imaxe
Novamente pasou polo cole Ledicia Costas para falarnos sobre a maxia da literatura. Descubriulle aos alumnos de 1º da ESO cousas da súa vida e a súa obra.

Actividades Día do Libro

Imaxe
Aquí tendes algunhas das actividades que se fixeron na biblio a semana pasada para celebrar o Día do Libro! Chíos poéticos Aquí están as rapazas e rapaces de 2º da ESO facendo os chíos poéticos. E aí van algunhas das creacións! Tamén se fixo na biblio a actividade Casando Microrrelatos, cos nenos de 3º da ESO.

Pingas culturais (II)

Imaxe
O venres pasado escoitamos na biblioteca melodías relacionadas con series de animación. Disfrutamos da arte musical de Elena no teclado e Martín no violín .. Faltounos tempo,  polo que repetiremos a actuación próximamente!!

Pingas culturais (I)

Imaxe
A creatividade volve facerse dona da biblioteca. Desta volta as nosas artistas falaron sobre como facer sombras, liñas que crean volume e encadre de retratos! Aquí tedes algúns dos bocetos que fixeron os asistentes para a iniciación na creación de caricaturas:

Ficcionarios

Imaxe
Os nenos de 1º da ESO confeccionan un "ficcionario"; cada un debía inventar unha palabra e definila. Botade un ollo... que orixinais!

Visita de María Reimóndez

Imaxe
O venres 16 viu visitar ás nenas e nenos de 1º da ESO María Reimóndez, para falarlles dos seu libro Corredora .