Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

TALLERES NA BIBLIOTECA

Imaxe
Para celebrarmos o día do libro que vai ter lugar o próximo 23 de Abril imos realizar nos recreos talleres relacionados coa lingua. Terán lugar as dúas primeiras semanas de Abril á volta das vacacións de Semana Santa. Contamos coa vosa participación!  

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Coincidindo coa entrada na primavera ten lugar o día mundial da poesía. Dela podemos aprender o significado da vida, a valorarmos as cousas positivas e a quitarlle importancia aos obstáculos que se nos presenten. Os expertos insisten en que grazas a ler poesía podemos ser persoas cunha maior empatía e que tamén pode espertar a nosa creatividade.  Desde a biblioteca convidámosvos a virdes desfrutar da poesía. Os meses do ano Xa ven xaneiro, o mes primeiro, detrás febreiro, o máis pequeneiro, con marzo a primavera xermola e en abril a chuvia molla. Por maio floreceu a xesta, por xuño san Xoán abraia, en xullo xa aperta o sol e en agosto xogamos na praia. Setembro, como saben as uvas!, en outubro a folla a caer está, en novembro san Martiño asoma, e en decembro volta a empezar. *Observacións: poema de Santiago Freire, Mantingadas. Edicións Morgante 2010.

EXEMPLARES RECÉN CHEGADOS

Imaxe
Bo día a tod@s! Queremos compartir convosco as últimas incorporacións á biblioteca. Se tendes interese en botarlle unha ollada podedes consultarnos, esperámosvos! Libros recomendados para educación primaria. Libros recomendados para secundaria e bacharelato.

UNHA MAREA DE LIBROS

Imaxe
Ola a tod@s! Hoxe queremos amosarvos o noso taboleiro coas recomendacións de libros de lectura. Os nosos peixes guiaranvos na vosa busca, e tráennos títulos en galego, castelán, inglés e francés. Esperamos que vos gusten!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (SEN PLEONASMOS)

Imaxe
No oito de marzo son reinvidicados os dereitos da muller na sociedade. Esta conmemoración, coñecida anteriormente  como Día da muller traballadora, decidiu eliminar o adxectivo por consideralo unha calidade inherente á propia condición de muller.  Desde a biblioteca queremos facerlle a nosa particular homenaxe.  As mulleres que len son... Independentes Valentes Sensibles Fortes Loitadoras Intelixentes Pensativas Cultas Serias Divertidas Solidarias Profesoras Independentes Soñadoras Cariñosas Resolutivas Liberais Emotivas Realistas Decididas ...