21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Coincidindo coa entrada na primavera ten lugar o día mundial da poesía. Dela podemos aprender o significado da vida, a valorarmos as cousas positivas e a quitarlle importancia aos obstáculos que se nos presenten. Os expertos insisten en que grazas a ler poesía podemos ser persoas cunha maior empatía e que tamén pode espertar a nosa creatividade. 
Desde a biblioteca convidámosvos a virdes desfrutar da poesía.

Os meses do ano
Xa ven xaneiro, o mes primeiro,
detrás febreiro, o máis pequeneiro,
con marzo a primavera xermola
e en abril a chuvia molla.

Por maio floreceu a xesta,
por xuño san Xoán abraia,
en xullo xa aperta o sol
e en agosto xogamos na praia.

Setembro, como saben as uvas!,
en outubro a folla a caer está,
en novembro san Martiño asoma,
e en decembro volta a empezar.


*Observacións: poema de Santiago Freire, Mantingadas. Edicións Morgante 2010.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO