Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
LIBRO ARTE Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES o alumnado de primaria elaborou no taller de linguas os carteis que podedes ver a continuación.  As imaxes foron escollidas por todo o alumnado de primaria. A partir da imaxe coñeceron ao seu autor, o tipo de arte ao que pertence, así como o movemento artístico. Os carteis pódense ver nos corredores da planta principal do colexio.  Título da exposición Carteis de 3º C e 2º A Carteis de 1º A e 6º A Carteis de 4º C e 1º B Carteis de 4º A e 1º C Cartel de 6º C Cartel de 6º B e 5º B Cartel 5º C Carteis de 2º C, 3ª A e 2º B Carteis de 3º B, 4º B e 5º A

I CONCURSO DE CARTEIS COMPAÑIA DE MARÍA

Imaxe
O pasado día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares . O alumnado de Bacharelato contribuíu nesta conmemoración coa súa participación no primeiro certame do CONCURSO DE CARTEIS. O tema deste ano, "A BIBLIOTECA, TERRITORIO DAS ARTES", relaciona a literatura coas demais artes. Baseándose nesta idea, o alumnado elaborou catro propostas, das cales resultou un cartel gañador. Este cartel presidirá a biblioteca todo o ano. A continuación poderedes ver os carteis que participaron, así como o gañador. Cartel gañador. Elaborado por Rebeca Boscacci e Ángela Ruíz.

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Imaxe
COMEZA O LECER LECTOR!! Benvidos un ano máis ao novo curso, e con el, comezamos o lecer lector .  Na biblioteca atoparás un lugar no que poder gozar da lectura durante o recreo.  Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro   NORMAS DA BIBLIOTECA O espazo de lectura é a sala da biblioteca. Entrarase polo corredor central que serve de camiño ao recreo. O tempo de lectura coincide co tempo do recreo. Poderanse levar libros propios para ler. Ofertarase na sala a posibilidade de ver libros, localizables no carro de lectura ou noutros puntos. Poderase solicitar algún libro en préstamo tamén nese tempo. Ao longo do curso levaranse a cabo outras actividades das que se irán informando. Horario: de luns a xoves De 10:50 a 11h: 2º ESO De 11:30 a 12h: 5º (primeira quincena) e 6º (segunda quincena) de Educación Primaria. A merenda rematarase antes de entrar. AGARDÁMOSTE A PARTIR DO VINDEIRO LUNS 17!