Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

APRENDEMOS A USAR A BIBLIOTECA

Imaxe
Esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria aprendeu como empregar correctamente a biblioteca. Vimos como se organizan os estantes dedicados a nosa idade, cal é a orde na que debemos poñer os libros, etc. Tamén aprendemos como funciona o sistema de préstamo, como nos facemos socios e socias e canto tempo temos para ler os libros. A continuación fixemos práctica de colocación e busca de volumes. Foi unha actividade moi produtiva, xa que a raíz dela moitos dos nenos e nenas do cole se fixeron socios da biblioteca. O aumento de libros prestados foi significativo. Seguide así! (Alumnado de 5ºB aprendendo a usar a biblioteca)

Ledicia Costas

Imaxe
Tivemos a gran honra de que nos visitase unha das escritoras máis prolíficas e galardoadas da literatura infantil e xuvenil do panorama actual. Ledicia Costas visitou o colexio acompañada de alumnos e alumnas da ESO, achegouse á biblioteca, trouxo unha morea de libros que nos regalou (e asinados!) e tamén deixou a súa pegada no libro de sinaturas. Aquí tedes algunhas das fotografías dese día. Ledicia Costas (esquerda) co alumnado de Secundaria  Libros asinados pola autora