APRENDEMOS A USAR A BIBLIOTECA

Esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria aprendeu como empregar correctamente a biblioteca. Vimos como se organizan os estantes dedicados a nosa idade, cal é a orde na que debemos poñer os libros, etc. Tamén aprendemos como funciona o sistema de préstamo, como nos facemos socios e socias e canto tempo temos para ler os libros.
A continuación fixemos práctica de colocación e busca de volumes.
Foi unha actividade moi produtiva, xa que a raíz dela moitos dos nenos e nenas do cole se fixeron socios da biblioteca. O aumento de libros prestados foi significativo. Seguide así!










(Alumnado de 5ºB aprendendo a usar a biblioteca)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO