Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

UN NOVO CURSO COMEZA

Un ano máis, dá comezo outro curso escolar no Colexio Compañía de María. Un ano novo sempre é un principio diferente, unha nova oportunidade para mellorar como persoa, como alumno, como pai ou como docente. Por iso, este ano a Institución prosegue coa iniciativa do Taller de Linguas promovido, unha vez máis, pola Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación . Este proxecto segue a continuar a proposta do ano pasado: achegar a lingua e a literatura aos nenos dun xeito ameno e divertido, no que aprender sexa un proceso case involuntario, un xogo. Os raparigos divertiranse coas verbas, tanto escritas, como lidas ou faladas; acollerán aos libros como os seus mellores amigos e comprenderán o inestimable valor que teñen as palabras. Así, deste modo, comezarán a adquirir novos hábitos de lectura e mellorarán visiblemente no resto das competencias educativas. O mundo enteiro está composto de letras, dende a máis insignificante nota esquecida no interior dun antigo libro de matemá