ROSALÍA É MUNDIAL



                                   ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885)




Unímosnos á conmemoración da autora galega máis universal. Tal día como hoxe nacía Rosalía de Castro, algo indiscutíbel é que 178 anos despois a nosa autora segue de actualidade. Considerada unha adiantada da súa época, reflectiu a sociedade daquel entón e reinvindicou os dereitos da muller e da súa terra.





Incluímos un dos poemas máis representativos da autora, integrado na obra Cantares Gallegos, no que pon voz a un mozo emigrante que se despide da súa terra e da súa amada. O pesimismo e a pouca esperanza de poder voltar á terra están latentes ao longo da composición.

Adios rios, adios fontes
 
Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

     Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

     Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.

     Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.

     Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!

     Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

     Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

     Mais son prob' e mal pecado,
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

     Téñovos pois que deixar,
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lár,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

     Adios, adios que me vou,
Herbiñas do camposanto,
Donde meu pay s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.

     Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!

*OBSERVACIÓNS: primeira edición (1863), fondos da Real Academia Galega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO