O RECUNCHO PÍCARO

Bos e chuviosos días!! Neste tempo de Samaín a biblioteca do colexio Compañía de María pon en marcha outro proxecto: "O recuncho pícaro". Esperamos que con esta actividade os nenos disfruten entre contos e verbas, aínda que vendo as fotos xa se ve que si!!


























Para entrar máis polo miúdo, dicir que esta actividade consiste en visitas periódicas dos pequechos do cole, os alumnos de infantil. Virán á biblioteca en distintos momentos do curso a contar e escoitar contos ou realizar algunha actividade ligada á biblioteca.

Aproveitamos e amañamos en cada quenda unha zona con sillóns para que os cativos escoiten e participen da actividade. A visita pódese desenvolver tendo en conta que non colisione con estudos e outras actividades que utilizan a biblioteca como centro. O horario acordarase cos profesores con antelación para preparar materiais e espazos.

 O posible horario será:
-Luns: 12.00-13.00
-Martes: 12.00-13.00
-Mércores: 12.00-13.00

Esta actividade realizarase ó longo do curso coincidindo en momentos puntuais, tales como celebracións, visitas de autores e sempre que os profesores o soliciten. 
  
A que ten boa pinta?






Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO