LECER LECTOR

Bo día! Dende a biblioteca queriámosvos anunciar que deseguida dará comezo, un ano máis, o lecer lector. Para os que non o coñezades, trátase dunha actividade diaria na que os alumnos do último ciclo de primaria xunto co alumnado da ESO poden gozar da lectura no tempo do recreo. 

É un momento de encontro coa lectura, unha oportunidade de ollar libros para máis tarde, se queredes, levalos en préstamo. As normas que se deben seguir son moi sinxelas, xa todos as coñecemos, pero velaí van: 


  • O espazo de lectura é, como non, a biblioteca.
  • Para non molestar entrarase polo corredor central que serve de camiño ó recreo.
  • O tempo de lectura é o tempo de recreo.
  • Sempre se poden traer libros propios da casa para ler.
  • Haberá libros no carro de lectura dispoñíbeis para ler. 
  • Pódese solicitar cando queiras un libro en préstamo, dicíndollo á bibliotecaria.
  • A merenda rematarase antes de entrar na biblioteca.

O horario será 
  • De 11:30 a 12:00 5º e 6º E.P.
  • 10:50 a 11:20 ESO

Finalmente, adiantamos que ó longo do curso levaranse a cabo outras actividades moi interesantes das que iremos informando. Mantédevos moi atentos! 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO