NORMAS DA BIBLIOTECA

Aínda que a biblioteca abriu as súas portas xa a comezos de curso, é importante recordar unhas pautas a ter en conta para o seu correcto funcionamento. Estas normas van dirixidas a todos os usuarios da biblioteca, é dicir, tanto ó alumnado como ó profesorado, pais e persoal non docente. 

A biblioteca é o recuncho do colexio onde se atopan os libros, onde se estuda, onde se lee e onde se investiga para os traballos de clase. É, en definitiva, un dos lugares máis valiosos do colexio, polo que debemos coidalo. 

Por iso, vamos publicar as normas deste curso 2015-2016:

1.   A  biblioteca  debe  permanecer sempre  limpa,  cun  uso  correcto  de  mobiliario  e materiais.
2.   Non está permitido comer nin beber, nin  introducir comida ou bebidas nas súas salas.
3.   O uso de móbil, reprodutores de imaxe ou son non están permitidos, agás cando se faga acompañados polo profesorado nunha actividade de aula.
4. Débese gardar silencio ou falar en voz moi baixa para realizar unha consulta puntual a un compañeiro/a ou desenvolver un traballo en equipo.
5.    Hai que comportarse con educación e respecto atendendo ás Normas de Convivencia do Colexio.

6. Cumprir as normas de utilización da biblioteca e as indicación da bibliotecaria ou profesorado presente nas súas salas.


OS ESPAZOS 

Como xa sabemos, na
biblioteca existen dúas zonas
diferenciadas de uso: a zona
dos ordenadores e a zona de
lectura. 

A consulta dos fondos
pódese facer de varios xeitos:

Directa, acceso ós andeis
habilitados para iso ou asistida, que é a consulta do catálogo ou a petición á bibliotecaria. 


USOS DA BIBLIOTECA NO HORARIO DE TARDE

Pola tarde, os usos da biblioteca son moi semellantes os da mañá, aquí os podedes ver:
  1. Recoller libros en réxime de préstamo.
  2. Facer deberes e traballos escolares.
  3. Consultar os materiais da biblioteca.
  4. Todos os días, a partir das 17.30 h., pódense utilizar os ordenadores.
  5. Os martes dedícanse ao traballo colectivo.


O PRÉSTAMO DOS LIBROS

Para sacar material da biblioteca do colexio, hai que solicitar permiso a bibliotecaria. É importante recordar que do amplo abanico de fondos que existe, quedan excluidos do préstamo as enciclopedias, os dicionarios, as publicación periódicas, os libros de láminas, os mapas e os fondos antigos e valiosos.


A duración do préstamo é de 15 no caso dun libro e de 7 se se trata de material audiovisual. En ambos casos só se pode levar un elemento.  Se se precisa, pódese facer a renovación dos fondos por 15 días máis, no caso do libro, e 7 días máis no caso dos materiais audiovisuais. No caso de que remate o prazo nas vacacións, devolverase á volta. 

Se houbese un atraso a biblioteca mandará unha notificación á casa, coa correspondente sanción de 15 días sen poder levar libros en préstamo, e 7 no caso de material audiovisual.

Se se producise unha perda ou deterioro do material, o alumno debe comunicarllo á bibliotecaria; se fose moi grave, o material deberá ser pagado ou comprado de novo. 


ZONA DE ORDENADORES

Hai dous espazos na bibliteca onde se poden utilizar ordenadores: a zona de cabinas e a zona de lectura (zona wi-fi).

Os ordenadores poden ser utilizados para consulta e realización de traballos académicos, previa petición a bibliotecaria e dunha duración de 30 minutos. 

Nesta zona non está permitido:
  1. Acceso a xogos e páxinas cuxa finalidade non sexa educativa.
  2. Uso e instalación de programas non permitidos.
  3. Cambio de iconas, fondos de pantalla e demáis elementos permanentes.
  4. Gravación de arquivos no disco duro


A que xa as sabiades todas?


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO