IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

Este ano conmemórase o 400 aniversario da morte do escritor máis célebre das letras hispánicas: Miguel de Cervantes Saavedra.




 Dende a biblioteca, como homenaxe fixemos unha pequena recompilación das frases máis memorables tiradas da obra Don Quijote de la Mancha, tendo como centro a imaxe do seu autor. Como ben saberedes, é unha obra de lectura indispensable, non só pola importancia da que goza dentro da literatura universal, senón polos episodios humorísticos, intelixentes, aventureiros e desternillantes que nos ofrece o libro. É dicir, polo máis importante da lectura: por pracer. 




Non vos soa esa forma tan peculiar de colocar as frases? Efectivamente!! Está inspirada nas paredes da nosa fermosa biblioteca!!! 


Agardamos que vos guste tanto como nos gusta a nós! 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO