LECER LECTOR

Unha das iniciativas da nosa biblioteca neste curso 2014/2015 foi instaurar a posibilidade de que, tanto nos recreos de secundaria coma nos de primaria (3º cliclo), os alumnos poidan acudir a ler como actividade de lecer.

Esta actividade está enfocada a  todos aqueles que ven  o libro coma unha diversión, neste espazo poden consultar os volumes dispoñibles  ou deixarse asesorar pola bibliotecaria para aconsellarse sobre os libros máis acaídos para cada idade.

Para todos os que se animen, recordarlles que deben ter en conta os seguintes puntos:

- O espazo de lectura é a sala da biblioteca.
- Éntrase polo corredor central que serve de camiño ao recreo.
- O tempo de lectura coincide co tempo do recreo.
- Pódense levar libros propios para ler.
- Ofértase a posiblidade de ver libros localizables no carro de lectura ou noutros puntos da biblioteca.
- Pódense solicitar algún libro en préstamo tamén nese tempo.

*A merenda remátase antes de entrar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO