CHEGOU O OUTONO Á BIBLIOTECA!

Bos días dun curto verán de San Martín! Na biblioteca demos comezo ao outono unha vez rematado o Samaín. Ademáis, na entrada temos un panel co cartel do lema das bibliotecas escolares deste ano, completamente ambientado. As follas das árbores en outono caen, pero non só as das árbores...








Achegádevos a ver os tesouros da natureza tan propios deste tempo que preparamos!! Temos uns fermosísimos cogumelos disecados e tinguidos, castañas, ourizos, follas de árbores de todo tipo, cortiza, líquens, carrabouxos... Como, que non sabes o que é un carrabouxo? Pois para sabelo terás que pasarte pola biblioteca!! Vémonos!















Comentarios

Publicacións populares deste blog

O RECUNCHO PÍCARO

RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO