Publicacións populares deste blog
O RECUNCHO PÍCARO
Bos e chuviosos días!! Neste tempo de Samaín a biblioteca do colexio Compañía de María pon en marcha outro proxecto: "O recuncho pícaro". Esperamos que con esta actividade os nenos disfruten entre contos e verbas, aínda que vendo as fotos xa se ve que si!! Para entrar máis polo miúdo, dicir que esta actividade consiste en visitas periódicas dos pequechos do cole, os alumnos de infantil. Virán á biblioteca en distintos momentos do curso a contar e escoitar contos ou realizar algunha actividade ligada á biblioteca. Aproveitamos e amañamos en cada quenda unha zona con sillóns para que os cativos escoiten e participen da actividade. A visita pódese desenvolver tendo en conta que non colisione con estudos e outras actividades que utilizan a biblioteca como centro. O horario acordarase cos profesores con antelación para preparar materiais e espazos. O posible horario será: -Luns: 12.00-13.00
RECUNCHO PÍCARO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Bo día!! Onte, día de Rosalía de Castro, os máis cativiños do colexio viñeron á biblioteca a facernos unha visitiña. Como ben se pode apreciar nas fotos e nos videos, pasárono moi ben!!! O profe Xavi recitoulles, xunto con instrumentos musicais, o poema "Adeus ríos, adeus fontes" da gran poetisa, de xeito que os nenos non foron capaces de sacarlle os ollos de enriba!! Agardamos que vos gusten as fotos e que os meniños volvan pronto!!
Comentarios
Publicar un comentario